CRTVG

Buscar

Desde o PPdeG chaman a participación nesta xornada electoral

Publicado o 10/11/2019 15:06

En Vigo votou o líder do PPdeG.
A cabeza de lista do Partido Popular de Galicia pola provincia da Coruña, Marta González, lembrou o aniversario da caída do muro de Berlín tras depositar o voto en Brión.
A número un dos populares ao Congreso por Pontevedra, María Ramallo, votou en Marín e chamou á participación.
Jaime de Olano, cabeza de lista do PPdeG por Lugo, destacou dende Viveiro que hoxe é o día en que deben falar os cidadáns.
E a número un dos populares por Ourense, Ana Belén Vázquez, dixo en Bande que agarda que a neve que empeza a caer na provincia non desanime os votantes.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2019