CRTVG

Buscar

Desde o PP critican que Maroto só se reunira con cargos do seu partido

Publicado o 06/08/2019 07:42

Dende o Partido Popular de Galicia critican que a ministra de Industria só se reunira hoxe con cargos do seu partido e non con responsables da Xunta.

Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG: "Calquera membro do Goberno galego estaría interesado en falar dos problemas da industria galega coa ministra de Industria, con Reyes Maroto, pero ela preferiu pasear con Gonzalo Caballero. Creo que di bastante pouco dun e doutro, porque a verdade é que o señor Gonzalo Caballero dos problemas de Galicia non quere saber nada".


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019