CRTVG

Buscar

Desde o 26 esixirán proba negativa da covid-19 para entrar nos EUA

Publicado o 13/01/2021 09:03

Para poder entrar nos Estados Unidos por vía aérea haberá que levar unha proba negativa da covid-19. Isto é unha esixencia xa para viaxeiros procedentes do Reino Unido desde hai un mes e agora amplíase a todas as procedencias.

A medida entra en vigor dentro de trece días, o vinte e seis de xaneiro. Os pasaxeiros deberán someterse a unha proba de covid-19 tres días antes de que o seu voo saia con rumbo aos Estados Unidos.

Tratan así de evitar a entrada de novas mutacións do coronavirus.

Noticias web

13/01/2021