CRTVG

Buscar

Desde hoxe reabren en Alemaña os pequenos comercios

Publicado o 20/04/2020 08:56

Os colexios e os pequenos comercios serán os primeiros en testar o regreso á actividade en Alemaña. Con distintas formulacións segundo os diferentes estados federados que compoñen o país xermano, pero confirmando a relaxación das medidas que Merkel e o seu executivo activaran o pasado 8 de marzo. Os centros escolares farano en grupos máis pequenos dos habituais e só con exames para os últimos cursos de bacharelato. Nos comercios, a restricción levántase para os locais de menos de 800 metros.

Coa desacelereación na evolución da pandemia, que en Alemaña acada os 145.000 casos nos contaxios e os 4600 nos falecidos, a partir do 4 de maio abrirán salóns de peiteado, concesionarios de automóbiles ou tendas de bicicletas.

Co temor a unha posible recaída pola pronta reapertura, Alemaña sobresaíu desde o principio polo alto uso de tests, ata 650.000 por semana. O uso de máscaras non é obligatorio en todo o país. Merkel asegurou que, malia os avances, a situación segue a ser fráxil.

Noticias web

20/04/2020