CRTVG

Buscar

Desde hoxe, nais e pais poden pedir praza para o próximo curso en infantil e primaria

Publicado o 02/03/2020 11:29

Comeza o prazo de solicitude de admisión nos centros educativos galegos. Dende hoxe e ata o 20 de marzo pode solicitarse praza para o próximo curso, 2020-2021. 

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que accede por primeira vez ao sistema educativo, maioritariamente en cuarto curso de educación infantil, e tamén aos alumnos de infantil, primaria, ESO ou bacharelato que desexen cambiar de centro escolar.

Os trámites tamén poden realizarse dende onte por vía telemática, a través da páxina web da Consellería de Educación.

 

 

Noticias web

02/03/2020