CRTVG

Buscar

Desde hoxe ata o 15 de outubro pódense solicitar as axudas da Xunta para mercar coche

Publicado o 24/07/2019 13:01

Hoxe é o primeiro día no que se poden pedir as audas da Xunta para mercar coche, un plan no que a Administración autonómica inviste máis dun millón de euros.

E gran parte do orzamento, 800.000, está destinado a particulares. Pódese solicitar ata o 15 de outubro e para poder obtelo hai que cumprir unha serie de condicións. En primeiro lugar, entregar un coche de máis de dez anos coa ITV pasada. A compra non pode superar os 40.000 euros.

As bonificacións varían segundo as emisións contaminantes do novo vehículo, e van dos mil aos mil cincocentos euros. A metade póñena os concesionarios e son 64 os que se sumaron a este plan, co que a Xunta calcula un movemento económico de 40 millóns de euros. 

 

 

Noticias web

24/07/2019