CRTVG

Buscar

Desde Chantada para o mundo

Publicado o 21/04/2017 14:05

O grupo Hotusa apostou por esta zona rural e agora xa contan con 200 traballadores que xestionan preto de 2.000 hoteis repartidos por todo o mundo

Xestionan desde Chantada preto de 2.000 hoteis repartidos por todo o mundo. A aposta do grupo Hotusa por esta zona rural, onde conta xa con 200 traballadores, sorprende os operadores do sector turístico, instalados normalmente nas grandes cidades. A chegada do principal consorcio turístico europeo está a supoñer, ademais, un revulsivo para este concello de 8.500 habitantes.

Comezaron con sete persoas e hoxe en día xa son case 200 traballadores. O principal consorcio turístico europeo, o grupo Hotusa, apostou por xestionar os seus servizos desde unha zona rural coma a de Chantada, vila natal do seu fundador. Desde aquí atenden dous mil hoteis propios ou asociados repartidos por todo o mundo, un modelo que sorprende dentro dun sector asentado, sobre todo, nas grandes cidades.

A chegada deste consorcio, con catro décadas de actividade e unha facturación de cerca de 1.000 millóns de euros, supuxo un revulsivo no día a día deste concello de 8.500 habitantes.

A última adquisición do grupo foi a do Gran Hotel Lugo. No futuro, dados os bos resultados, prevé xa ampliar as súas instalacións de Chantada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017