CRTVG

Buscar

Desde a desescalada detectáronse 70 rebrotes en España, 45 seguen activos

Publicado o 05/07/2020 20:59

De momento, o confinamento da comarca do Segrià, en LLeida, é perimetral. Os 210.000 veciños da zona só poden saír de alí por motivos laborais ou de forza maior.

Pero na Generalitat non descartan impoñer un confinamento domiciliario e prolongalo máis de dúas semanas, se non se frean os contaxios. Aínda que cren que se a xente responde non será necesario.

Tamén seguen confinados os veciños deste edificio de Albacete. Había un foco familiar que afectaba cinco persoas pero detectaron catro casos máis noutra vivenda.

Son exemplos dos 45 rebrotes activos neste momento en España. Hai en todas as comunidades, agás en Ceuta, Melilla, A Rioxa e Asturias. Precisamente, as autoridades do Principado pedíronlles aos seus cidadáns especial precaución nos concellos limítrofes coa comarca lucense da Mariña.

Noticias web

05/07/2020