CRTVG

Buscar

Descubrir Galicia: Santa Mariña Dozo, en Cambados

Publicado o 20/08/2019 12:53

En Santa Mariña Dozo as tumbas buscan a protección das ruínas dunha vella igrexa; dos arcos de pedra que sosteñen a memoria da construción que un día se levantou aos pés do monte da Pastora. Neste recuncho en que a fermosura e o misterio se dan a man, soterraron Valle Inclán e a súa muller o seu fillo, morto cando non era máis que un bebé.

Nunha capela románica do século XII, o señor feudal Lope Sánchez de Ulloa construíu a igrexa, posteriormente restaurada. Ademais do románico orixinal, o templo presenta un estilo mariñeiro gótico e elementos renacentistas.

En 2014 as ruínas de Santa Mariña Dozo foron elixidas como o terceiro monumento funerario máis importante de España, ademais de estar incluído na asociación de cemiterios significativos de Europa. Tamén foi declarado monumento histórico artístico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019