Descubrir Galicia: Santa Comba de Bande
Publicado o 29/08/2019 15:07
Unha das xoias da arquitectura relixiosa en Galicia é, sen dúbida, a igrexa de Santa Comba de Bande, da época visigótica. Esta igrexa de máis de 1.300 anos de antigüidade é un exemplo en si mesmo polos espazos e volumes arquitectónicos e polas pequenas marabillas que agocha no seu interior.
Santa Comba é parada obrigada para os peregrinos que veñen pola Vía Nova romana ou polo Camiño da Raíña dende Portugal. Se hai algo destacable nesta igrexa é a beleza da súa xeometría de cruz grega e, sobre todo, as súas extraordinarias pinturas do século trece.
Declarada monumento nacional en 1921, o pequeno templo monacal loce coidado e restaurado.