CRTVG

Buscar

Descubrir Galicia: A Ponte Maceira

Publicado o 30/08/2019 12:15

A Ponte Maceira, entre Negreira e Ames, destaca pola súa beleza paisaxística bañada polas augas do río Tambre no seu camiño cara ao Atlántico. Isto, xunto ao seu rico patrimonio arquitectónico, convértena nun dos lugares máis visitados de Galicia. A súa ponte de pedra, o pazo de Baladrón, a capela de San Brais e os muíños de auga son unha mostra da súa rica arquitectura.

A ponte ten a súa orixe na época romana. Sobre aqueles piares construíuse, no século trece, unha nova ponte. Está formada por cinco grandes arcos e outros dous de menor tamaño. Dende aquí podemos ver o pazo de Baladrón, construído na primeira metade do século vinte. Ao patrimonio arquitectónico súmase o natural, que gozan os peregrinos que fan o Camiño de Santiago cara a Fisterra.

A Ponte Maceira é a primeira aldea da provincia da Coruña que forma parte da asociación das vilas máis bonitas de España.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/08/2019