CRTVG

Buscar

Descubrir Galicia: O castro Candaz, en Chantada

Publicado o 21/08/2019 12:37

Existen lugares singulares que só se poden visitar durante certos momentos, un destes recunchos é o castro Candaz, tamén coñecido como a Atlántida Galega. Os restos deste poboado castrexo e fortaleza medieval están somerxidos baixo a auga durante a maior parte do ano, pero nos períodos de escaseza de chuvia rexorde das profundidades do encoro de Belesar. O camiño ao castro a pé só é accesible cando o nivel da auga na presa está por debaixo do 25%.

Castro Candaz foi a única fortaleza que lles fixo fronte aos viquingos durante as primeiras invasións, que arrasaron Chantada. O seu emprazamento e os muros de máis de dous metros de alto dan mostra do complicado que sería invadir este lugar. Xa na Idade Media foi fortificado e dende aquí comezouse a controlar o paso polo río Miño.

Di a lenda que no interior do asentamento están agochados varios tesouros. Unhas suposicións que derivan da existencia de dúas entradas subterráneas que na actualidade están baixo a auga.

Noticias web

21/08/2019