CRTVG

Buscar

Descubrir Galicia: As pallozas do Piornedo

Publicado o 23/08/2019 16:04

Vales de castiñeiros entre ríos e cumios illados en que se refuxiaron os pobos celtas fuxindo dos soldados romanos. Así son as paisaxes da serra dos Ancares. A 1.200 metros de altitude está a aldea de Piornedo, un lugar onde se pode viaxar ao pasado. Aquí está o maior conxunto de pallozas da zona, 18 en total, que datan da época prerromana e son as mellor conservadas de toda Europa. Con forma circular, as paredes están feitas de pedra e o tellado de palla. Un teito colocado de tal forma que non permite filtracións de auga e que dura en pé ata 20 anos. Nunha destas pallozas está o Museo Etnográfico en que podemos ver como vivían os antigos moradores deste tipo de casa, ademais de ver as ferramentas e utensilios da época.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019