CRTVG

Buscar

Descubrir Galicia: A praia de Teixidelo, en Cedeira

Publicado o 19/08/2019 15:15

Galicia aínda ten segredos por descubrir. Pequenos paraísos ao alcance duns poucos. Un claro exemplo é a praia de Teixidelo, en Cedeira. É un recuncho tan especial que non hai ningún semellante en todo o planeta. É a única praia de area negra non volcánica. O seu difícil e perigoso acceso mantén este máxico lugar escondido entre os cantís máis altos da Europa continental.

As pedras que forman esta praia están compostas, nun 90%, por minerais básicos como o magnesio e o ferro. Estas rochas negras foron erosionando co paso do tempo e formando a area que hoxe en día hai en Teixidelo. Hai un marcado contraste entre o negro da area e o verde do monte e a vexetación que rodean a praia. Os cantís da Capelada álzanse ata os 600 metros sobre o nivel do mar.

A ruta ata a area da praia non é nada fácil. Os camiños de acceso son perigosos, por iso é recomendable visitar a zona acompañado dun guía.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019