CRTVG

Buscar

Descubrimos os antigos camiños de Ramirás paralelos ao río Arnoia

Publicado o 25/01/2019 14:00

Unha levada de auga para o aproveitamento industrial dos anos 50 foi a escusa perfecta para recuperar os antigos camiños de Ramirás paralelos ao río Arnoia. O antigo pasado industrial do lugar e, máis en concreto, as instalacións mineiras da aldea de Escudeiros forman parte da paisaxe da infancia de Xoán Manuel que moito brincou por eses camiños, agora felizmente recuperados para os que coma el, devecen por un rural con vida e esperanza.
Xoán Carlos Domínguez, profesor, é un namorado da súa terra Ramirás e foi un dos veciños da Asociación de Montes de Mancomún que, acolléndose a un fondo europeo, iniciaron xuntos a restauración hai dez anos da Ruta do río Arnoia, PRG 143. A ruta discorre once quilómetros de dificultade media-baixa desde a aldea de Escudeiros a Arnoia Seca no concello de Gomesende, que se poden alongar ata os 15 km en circular se se deixa o coche en Escudeiros. Boa parte da ruta vai pola levada de auga, en desuso, da central eléctrica antiga cunhas paisaxes extraordinarias ao carón do curso medio baixo do río Arnoia.
Os atractivos son moitos, non hai máis que pasear para decatarse da variedade de fauna e flora autóctona, como carballos, sabugueiros e abruñeiros e contra o final da ruta, ata sobreiras.
O río en si xa é un atractivo de seu segundo as estacións, con canóns e rápidos. 42.A ruta tamén nos achega ás antigas minas de Escudeiros, minas de estaño que funcionaron desde mediados do século XX ou aos socalcos abandonados que nos falan do pasado vinícola da zona.
Xoán Carlos viña aquí desde pequeno co gando e asegura pertencer a esta terra pero quéixase da falta de políticas que fagan renacer e soster o rural.
Di que el podería encarnarse en calquera das follas que rodean a ruta do Arnoia, unha zona para a que pide, sobre todo, vida, esperanza, futuro, presente-29.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2019