CRTVG

Buscar

Descubrimos o secado do congro na Costa da Morte

Publicado o 08/11/2018 13:23

E chegou o momento de descubrir o segredo desta semana. Xa lles diciamos imos a descubrir algo do que só sei se atopa na Costa da Morte. 

As ansias de expandirse polo mundo, de atopar novos coñecementos, fixo que unha arte do mar se transportase no tempo, coma un milagre. A costa da Morte garda un segredo que sobreviviu durante seis séculos, actualmente único no mundo. Un manxar, unha 'delicatassen' que se produce moi preto do santuario da Barca, por unha parella, que protexe a tradición innovando novos saberes e novos sabores.

Camiño dos océanos, Galicia empuxa unha viaxe de ida e volta engalando o ceo de novas inspiracións das artes mariñeiras. 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018