CRTVG

Buscar

A Revista

Descubrimos a realidade dos pacientes de fibrose pulmonar idiopática a través da danza

Publicado o 20/09/2017 13:14

Hoxe ímonos achegar á realidade da fibrose pulmonar idiopática. Unha enfermidade respiratoria, das consideradas raras, que ten na difícil diagnose un dos principais obstáculos. Na semana internacional desta doenza, asociouse coa arte da danza. Este é o resultado.

Os enfermos de fibrose pulmonar idiopática son entre 7.500 e 10.000 en toda España. Unha doenza rara máis presente en varóns, a partir dos cincuenta anos, e con antecedentes de tabaquismo.

Síntomas compartidos con outras enfermidades respiratorias máis prevalentes, como a EPOC ou a asma. E que dificulta a súa diagnose. Nalgúns casos pode tardarse ata dous anos.

Unha arte que se une a outra, á danza, que ademais lles ofrece aos pacientes exercicios para mellorar o seu día a día.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

20/09/2017