CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Descuberto un petróglifo pouco común entre Caldas, Portas e Moraña

Publicado o 15/04/2016 20:55
A inquedanza de dous veciños do lugar derivou nun dos maiores achados arqueolóxicos dos últimos anos en Galicia. Entre os concellos de Portas, Caldas e Moraña localizaron un petróglifo da Idade do Bronce moi pouco común nesta zona. Data por volta do 1.800 antes de Cristo e mide 1 metro 78 de altura. Aínda que os veciños non lle daban a importancia que ten, o gravado xa era coñecido pola xente da zona. Agora os expertos piden protección para garantir a súa conservación.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí