CRTVG

Buscar

Descuberto un petróglifo pouco común entre Caldas, Portas e Moraña

Publicado o 15/04/2016 13:13

Entre as tres localidade atoparon un petróglifo da Idade do Bronce moi pouco común nesta zona. Os expertos piden protección para garantir a súa conservación

O marco que separa os concellos de Portas, Caldas de Reis e Moraña non é unha pedra sen máis. Sobre a súa superficie está tallado un dos petróglifos máis singulares da arte rupestre galega. Está datado por volta do 1800 antes de Cristo e mide 1 metro 78 de altura.

Un médico da zona, afeccionado á arqueoloxía, foi o primeiro en dar o aviso, hai xa uns anos, pero a cousa non foi a máis ata que outro veciño lle deu difusión a través das redes sociais.

Aínda que os veciños non lle daban a importancia que ten, o gravado xa era coñecido pola xente da zona, que o asociaba co manto dunha virxe. Tamén se coñece como a Pedra da Grade.

A asociación A Rula, que investiga a arte rupestre galega, lamenta a escasa atención que as autoridades lle prestan a estes achado. Neste caso, foi a entidade menor de Arcos da Condesa a primeira que se comprometeu a tomar medidas para poñelo en valor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2016