CRTVG

Buscar

Desconvócase a folga nos PAC tras o acordo alcanzado entre o Sergas e os sindicatos

Publicado o 18/07/2019 09:05

Sanidade comprometeuse a aceptar subas pola realización de noites e festivos do 80% o ano que vén e do 20% en 2021.

Desconvócase a folga nos PAC, os puntos de atención continuada, tras o acordo alcanzado entre o Sergas e os sindicatos. Remata así un paro que empezou no mes de outubro, hai nove meses.  Aínda que o Sergas xa tiña aceptadas a maioría das reinvidicacións, neste  acordo a Consellería de Sanidade comprometeuse, ademais, a cambiar a distribución do incremento retributivo pola realización de noite e e festivos. Deste xeito, a suba será do 80 por cento o ano que vén e do 20 por cento en 2021.

"Quero agradecer a todos os representantes sindicais que chegaron a este acordo e tamén aos traballadores dos PAC, que fan un magnífico labor. Para nós era moi importante chegar a este acordo e que haxa paz social para seguir traballando polo servizo máis importante para todos os galegos, que é o servizo sanitario", di Xesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí