Desconvocan a folga de transportistas de mercadorías perigosas en Portugal
Publicado o 18/08/2019 22:07
En Portugal, o Sindicato Nacional de Motoristas de Matérias Perigosas decidiu na tarde do domingo desconvocar a folga que se estaba a levar a cabo esta semana e que provocou unha crise de combustibles no país veciño
A reunión dun cento de traballadores tivo lugar en Aveiras de Cima, a escasos quilómetros de Lisboa e remataba hai pouco minutos.
Agora ábrese a posibilidade de retomar a negociación coa patronal a través da mediación do Goberno luso. De todos os xeitos, o sindicato ameaza con facer folga nas horas extras se a patronal non responde ás reclamacións na reunión do próximo martes.
Máis sobre actualidade
28/02/2021 16:29