CRTVG

Buscar

Desconvocada a folga no baloncesto que facía perigar a Copa do Rei

Publicado o 14/02/2018 10:22

Haberá Copa do Rei de baloncesto. O sindicato de xogadores anunciou esta mañá a desconvocatoria da folga que ía comezar a próxima madrugada, un día antes do inicio do torneo nas Palmas de Gran Canaria. A ACB e o ABP chegaron a acordo tras unha xuntanza de tres horas no Consello Superior de Deportes. As negociacións a conta do convenio colectivo estacáranse por mor do Fondo Social, a cota anual coa que a patronal subvenciona o sindicato e que pretendía recortar. A contía mantense nos 315.000 euros durante os próximos dous anos, pasará a 280.000 o terceiro e a 270.000 o cuarto.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2018