Descontos nalgunhas gasolineiras para incentivar o consumo e recuperar vendas
Repostar nesta gasolineira de Viveiro supón un aforro de entre dez e quince céntimos por litro de gasóleo ou de gasolina. O propietario decidiu ofrecer esta rebaixa para axudar os clientes nesta crise.
Son tempos difíciles os que estamos a vivir derivados da alerta sanitaria. Ao estar recluídos nas casas hai menos movemento e menos consumo de combustible. Nas gasolineiras o volume de negocio descendeu considerablemente, de aí que proliferen accións coma esta para atraer clientes
Os clientes aprecian este tipo de medidas, que supón un aforro significativo á hora de encher o depósito.
Tamén en Burela outro empresario do sector oferta descontos directos de tres ou catro euros, a partir dun consumo de 30 euros en combustible. Son medidas que buscan o apoio mutuo en tempos nos que hai poucas vendas porque a situación económica e social non anima a grandes gastos.