Descontos na AP-9: satisfán moitos usuarios pero quedan curtos para os transportistas
Publicado o 29/07/2021 15:32
Xa están en vigor os descontos na AP-9. Hoxe xa é máis barato circular por esta autoestrada, unha das máis caras de todo o Estado. Os usuarios levaban moito tempo agardando a rebaixa.
Os que hoxe circulan por ela son os primeiros usuarios en beneficiarse destas bonificacións. Desde a pasada medianoite, a viaxe de volta é de balde sempre que se faga dentro de 24 horas. Ademais, os usuarios recorrentes, aqueles que fagan vinte viaxes ao mes, terán un desconto adicional do vinte por cento.
Son uns descontos moi agardados polos condutores da AP-9, non así polos transportistas, que consideran insuficiente a rebaixa don vinte por cento en cada viaxe. Din que non lles compensa coller a autoestrada.