CRTVG

Buscar

Descontos de fin de ano nos concesionarios

Publicado o 14/11/2020 14:48

Neste ano tan estraño os concesionarios incrementaron un 30% as vendas en xuño, logo do primeiro confinamento. Agora poderían volver incrementar exponencialmente as súas vendas como todos os finais de ano polos importantes descontos de remate de stock e tamén porque a partir do ano que vén serán máis caros polos impostos ás emisións.

Nalgún vehículo podemos aforrar ata 12.000 euros nun prezo previo de 47.000. O agravamento da pandemia podería volve incrementar as vendas polo temor ao transporte público ou a compartir vehículo.

Noticias web

14/11/2020