CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Descoñécese quen foi o afortunado que gañou 1.700.000 euros cun boleto da Lotería Primitiva en Santiago

Publicado o 03/07/2018 21:44
Descoñécese quen foi o afortunado ou afortunada que gañou un millón setecentos mil euros cun boleto da Lotaría Primitiva en Santiago.

Selouno nesta administración da zona monumental. O propietario gastou catro euros nun resgardo que cubriu á man e obtivo seis acertos, un premio de primeira categoría. Se chega a acertar o reintegro, gañaría 56 millóns. O xerente da administración está convencido de que foi un cliente habitual.

Telexornal Serán

03/07/2018