CRTVG

Buscar

Descobren unha sala de tortura dentro dun colector marítimo nos Países Baixos

Publicado o 09/07/2020 08:46


Nos Países Baixos, a policía descubriu unha sala de tortura dentro dun contedor marítimo. Localizaron outros seis que se usaban como prisión. Deron con eles a través dun home de 40 anos da Haia sospeitoso de andar no narcotráfico e nos asasinatos por encarga. Un macabro achado moi preto da fronteira con Bélxica ao que se chegou grazas á investigación europea dunha rede telefónica oculta, Encrochat, que era utilizada polo crime organizado. Interceptaron 20 millóns de mensaxes que permitiron evitar unha gran cantidade de delitos, como asasinatos, secuestros e titoreos, e que desembocou en centos de detencións.

Noticias web

09/07/2020