CRTVG

Buscar

O efecto do quecemento dos océanos na fotosíntese varía segundo os nutrientes das augas

Publicado o 02/05/2018 21:29

Os científicos xa sabían que o aumento de temperatura dos océanos acelera o proceso da fotosíntese mariña. Un grupo de investigadores da Universidade de Vigo e do Instituto de Ciencias do Mar do CSIC de Barcelona acaba de descubrir que o efecto do quecemento varía en función da maior ou menor cantidade de nutrientes que haxa nas augas.

O aumento da temperatura dos océanos, dous graos nos últimos 100 anos, fai traballar máis o fitoplancton, os microorganismos responsables de producir a metade do osíxeno que respiramos. O que acaban de revelar os científicos do CSIC de Barcelona e da Universidade de Vigo é que ese motor verde só corre máis cando na auga hai nutrientes abondos.

Pero no 80% dos mares do planeta hai escaseza de comida para estes campións da fotosíntese; así que o seu metabolismo non se verá afectado polo que marque o termómetro.

Moralexa: é mellor deixar os ecosistemas tal e como os deseña a natureza e limitar e mesmo reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/05/2018