CRTVG

Buscar

Descobren pinturas rupestres en penas de granito no castelo de Lobarzán, en Oímbra

Publicado o 19/07/2019 14:41

Descobren pinturas rupestres en penas de granito dun monte entre Monterrei e Oímbra. Foi un equipo de investigadores da Universidade de Vigo o que deu coa achado mentres traballaban no proxecto arqueolóxico de recuperación patrimonial na zona do Castelo de Lobarzán, nas laxes das Chas.

A singularidade é que son pinturas de tradición esquemática, unha delas é un motivo antropomórfico, feita sobre granito nunha pequena cavidade de difícil acceso. Son as primeiras pinturas destas características atopadas en Galicia e calculan que teñen 4.500 anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/07/2019