CRTVG

Buscar

Descobren os autores dun crime en Tarragona porque levaban unha man humana no maleteiro

Publicado o 01/09/2021 21:48
Descobren os autores dun crime en Tarragona porque levaban unha man humana no maleteiro

Pararon un coche por unha infracción de tráfico en Tarragona e atoparon unha man humana no maleteiro. Os Mossos d´Esquadra detiveron xa seis persoas en relación co suceso. Tres están en prisión e as demais, pendentes de declarar ante a xustiza.

A man correspondía ao corpo sen vida dun home localizado o 28 de agosto no Ebro. Ao parecer, os acusados matárono e despezárono antes de lanzalo ao río, pero caeulles a man no coche. O xulgado que investiga o asasinato decretou o segredo de sumario.

Noticias web

01/09/2021