CRTVG

Buscar

Descobren na igrexa de Santo Estevo pinturas murais dos séculos XV e XVI

Publicado o 01/04/2021 20:01

A igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil descobre novos tesouros. As obras de restauración dos relicarios sacaron a luz pinturas murais do medievo.

"Houbo a sorte de que cando desencalaron os muros non retiraron os sitiais e conservouse tal e como estaba a pintura", asegura Vania López, directora técnica do centro de conservacion San Martín. 

Un paxaro, un zapato, un escudo cunha chave e a faciana dun frade foron os primeiros restos en saír á luz despois de séculos cubertas pola cal. Agora o prioritario é conservalas. O bispado xa elaborou un proxecto.

"Este é un escudo está todo desuberto, cunha chave, e esta é unha cara, solo son unhas pequenas catas de cadrados pequenos falta ver un conxunto, adiviñar unha escena é moi complicado, o que si son pinturas do tardo gótico de finais do XV e principios do XVI", di Xosé Xulio Rodríguez Fernández, o párroco de Santo Estevo.

Todo un reclamo para os turistas que esta Semana Santa se achegan á Ribeira Sacra, malia que por mor das obras só se poden ver en horario de misa.

"Pareceunos unha oportunidde estupenda para ver o noso patrimonio e valoralo", din uns turistas.

O achado dos murais súmase a outro recente na mesma igrexa. Os aneis miragreiros dos nove bispos medievais.


 

Noticias web

01/04/2021