CRTVG

Buscar

Descobren en dúas momias os casos de cancro máis antigos do mundo

Publicado o 07/12/2017 21:08

Un equipo de investigadores da Universidade de Xaén descobre os dous casos de cancro máis antigos do mundo. Foi grazas a un TAC feito a catro momias exipcias. Os restos datan do ano 2000 antes de Cristo.

É a momia dunha muller de clase alta. Morreu hai catro mil anos en Asuán, Exipto. Grazas ás técnicas médicas, hoxe podemos saber que tiña cancro de mama. É o caso máis antigo desta enfermidade rexistrado no mundo.Descubriuse grazas a un TAC. Os arqueólogos utilizan esta técnica para coñecer o interior das momias sen danar as súas vendaxes.O responsable do achado é un equipo da Universidade de Jaén. Xunto con esta momia analizaron outras tres do mesmo xacemento. Nunha delas, a dun home, descubriron outro cancro, desta volta de medula ósea. Estes restos son do ano 1.800 antes de Cristo. Nas momias máis recentes, esta técnica permite incluso coñecer a cara do falecido de forma moi precisa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017