Descobren droga oculta entre plátanos nun contedor no porto de Marín
Publicado o 15/11/2019 14:33
Comisan no porto de Marín máis de 830 quilos de cocaína. É a suma dos dous alixos incautados, ocultos en senllos contedores.
O último, de 663 kg, ía nun cargamento legal de plátanos procedente de América do Sur. Descubriuse grazas á cooperación internacional entre os axentes da Garda Civil do ECO Galicia, e a Unidade Central Operativa de Madrid, con organismos dedicados á represión do tráfico de cocaína.
Igual que ocorreu co alixo de 170 quilos de cocaína do luns pasado, utilizouse o método do gancho cego. Nestes casos, nin a empresa que transporta o contedor nin os donos da carga legal saben da súa existencia.