CRTVG

Buscar

Descobren dous planetas similares á Terra con posibilidades de albergar vida

Publicado o 18/06/2019 19:14

Descobren dous planetas similares á Terra con posibilidades de albergar vida. Neste importante achado tiveron un papel importante investigadores españoles. Os dous novos exoplanetas detectáronse con este telescopio do Obervatorio de Calar Alto, en Almería.

Os planetas están situados a doce anos luz e poderían albergar auga líquida, xa que se calcula que na súa superficie a temperatura é suave. De todos os exoplanetas descubertos ata o de agora estes son os máis similares ao planeta Terra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019