CRTVG

Buscar

Descobren a primeira casa no asentamento do castro de Cameixa, en Boborás

Publicado o 06/11/2019 13:30

O castro de Cameixa, situado no concello ourensán de Boborás, sae á luz 75 anos despois das primeiras escavacións realizadas nos anos 40. A segunda fase de intervención que se está a levar a cabo por un equipo de arqueólogos deixa ao descuberto os restos da primeira casa achada neste asentamento castrexo, datada entre os séculos III e IV antes de Cristo. 

Os debuxos e planos que deixaran tras as escavacións que realizaran nos anos 40 os estudosos Xaquín Lorenzo, Xocas, e Florentino López Cuevillas neste castro de Cameixa de Boborás serviron de guía para o equipo de arqueólogos que está estes días descubrindo un dos asentamentos senlleiros da cultura castrexa en Ourense e en Galicia.

Esta é a segunda fase da intervención que promove o Concello ourensán de Boborás, para poñer en valor este asentamento e volven a sacar á luz, 75 anos despois, o traballo feito por Xocas e Cuevillas.

O obxectivo é deixar ao descuberto estas estruturas para que a sociedade poida coñecer a orixe deste asentamento castrexo con máis de 2.000 anos de historia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019