CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Descobren 72 novas variantes xenéticas que contribúen a desenvolver cancro de mama

Publicado o 23/10/2017 21:17

Descobren 72 novas variantes xenéticas que contribúen ao risco de padecer cancro de mama. Trátase dun adianto crucial para desenvolver novos tratamentos e terapias deste tipo de doeza. No traballo de investigación participaron centros de Santiago e Vigo.

A Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, o Grupo de Medicina Xenómica da USC e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia-Sur de Vigo contribuiron co traballo dos seus investigadores a un estudo que analizou seiscentas mil variantes xenéticas. O resultado é o descubrimento de 72 novas variantes que contribúen ao risco de desenvolver cancro de mama. Case duplican o número das que xa se coñecían ata agora e totalizar 180.



O cancro de mama ten unha parte xenética e outra ambiental. A investigación que publica a revista Nature ten unha transcendencia real na busca de novos tratamentos. 3.000 pacientes das analizadas para o traballo foron galegas.



Coa participación neste estudo, Galicia ponse á vangarda na investigación xenómica asociada ao desenvolvemento do cancro de mama e na comprensión da base da enfermidade que se asocia á herdanza e non a factores ambientais.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

23/10/2017