CRTVG

Buscar

Descobren 350 plantas de marihuana tras saltar varias alarmas por roubos en Abegondo

Publicado o 14/11/2019 18:20
Descobren 350 plantas de marihuana tras saltar varias alarmas por roubos en Abegondo

A Garda Civil detivo dúas persoas por un presunto delito contra a saúde pública tras localizar 350 plantas de marihuana na súa vivenda de Abegondo, na Coruña. Así o informaron fontes do corpo.

Os feitos ocorreron cando as patrullas da Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia da Coruña recibiron unha alerta que indicaba que se activara unha alarma de roubo en tres vivendas de Abegondo.

Á busca de probas, o pai do propietario dunha das vivendas asaltadas deixou entrar os axentes, que descubriron as plantas de marihuana e unha báscula de precisión. O dono da casa e a súa parella están detidos.