CRTVG

Buscar

Descubre esta noite na Televisión de Galicia se Santos dá deixado o crime

Publicado o 19/09/2021 17:56

Temos unha noticia de última hora: entraron a roubar no pazo de Meirás… Pero tranquilos, porque é Santos, o delincuente máis querido da Televisión de Galicia, que esta noite volve ás nosas pantallas.

Santos atrévese a protagonizar o roubo do século. Parecía que o noso criminal favorito ía deixar o mundo da delincuencia, pero roubar no pazo de Meirás é unha tentación irresistible. Tras a morte inesperada de Pancho e despois dun duro enfrontamento con Antonia, a idea de Santos é levar unha vida honrada como Mario Piñeiro. Pero... será quen de conseguilo?

Se tes ganas de descubrilo esta noite non abandones o sofá e sigue, a partir das 23:00 horas, a nova temporada da Lei de Santos na Televisión de Galicia.

Noticias web

19/09/2021