CRTVG

Buscar

Descentralízanse as oposicións para a Administración Xeral do Estado

Publicado o 17/10/2020 14:40

Na Coruña estaban convocados 25 aspirantes. Finalmente só se presentaron dezasete. A UNED cedeu súas instalacións e os seus medios técnicos para a realización do exercicio. "Vimos dunha situación de moitos anos nos que non se convocaron opsicións. Non podemos deixar a xente na estacada sen facer as probas", explica a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo.

É a primeira vez que se descentralizan unhas probas selectivas para Administración Xeral do Estado. Arredor de 900 opositores puideron escoller entre 23 cidades o lugar de realización do exame. Este primeiro exercicio comeza a despexar o horizonte logo de moitos meses de incertezas porque, como comenta un aspirante "non sabías cando se ía facer o exame. A previsión era maio, iso desbotouse pola pandemia. Despois había previsión de setembro e ao final puxérono en outubro. A ver como se desenvolve todo o proceso dos seguintes exames porque hai que tomar este tipo de medidas para evitar contaxios".

Procesos selectivos que se adaptan tamén á sítuación de pandemia.

Noticias web

17/10/2020