Descendeu a natalidade un 18 % por mor da pandemia, mentres aumentaron significativamente as mortes
Que unha pandemia provoca máis mortes é evidente pero por que diminúe a natalidade? Os expertos falan de medo, de inseguridade económica, de falta de coidados no embarazo, falan en definitiva de responsabilidade.
"Nestas circunstancias e o ambiente, social, económico e cultural non é propicio para asumir unha maternidade responsable", apunta Carlos Ferrás, profesor de Xeografía Humana da USC.
Sempre que houbo pandemias, a natalidade descendeu.
"Dende a gripe do 18 ata as epidemias da Idade Media, por tanto estamos dentro do previsible", destaca Carlos.
"Dende a perspectiva sanitaria si que creemos que un dos factores foi a deixadez de coidados, tiveron que deixarse de facer grupos de preparación ao parto, as consultas eran telefónicas e todo iso, claro, fai que as mulleres pensen esperar un ano a que pase todo isto", comenta Isabel Abel, presidenta da Asociación Galega de Matroas
Cae a natalidade e quen primeiro o nota é o sector da puericultura.
"Nós dende novembro notamos unha caída bastante importante das vendas. Isto funciona dunha maneira moi fácil, o medo afecta moitísimo ás persoas e a pandemia trouxo máis medo do que xa había a ter fillos", explica Alicia García, encargada dun establecemento.
Con todo algunhas mulleres non permitiron que a pandemia dera ao traste cos seus plans. Mariana, unha moza viguesa, quedou embarazada despois do confinamento.
"Cando decidimos dar o paso foi algo que nin seguera o barallamos moito. E nada, ben é para xullo e moi contentos, a verdade", afirma Mariana Cueto que quedou embarazada tras o confinamento.