CRTVG

Buscar

Descenden paulatinamente os casos activos no Carballiño

Publicado o 27/10/2020 20:46

O Carballiño ten 157 casos activos, son 219 en toda a comarca. Con todo e malia que as cifras seguen sen ser boas o certo é que os contaxios descenden paulatinamente dende hai días.

É por iso que aquí seguen vixentes as medidas restritivas.

As taxas de incidencia en Verín son máis baixas ca no Carballiño, pero as medidas adoptadas non conseguen polo de agora frear o avance da enfermidade. Retárdase o número de contaxios, pero non descenden. Hai 92 casos activos.

A área sanitaria sanitaria de Ourense ten 1.423 casos activos. As cifras medran lixeiramente, non se sabe aínda se de xeito transitorio ou debido aos últimos casos rexistrados nas residencias de maiores. As medidas estritas que se aplicaron en Ourense permitiron manter unha tendencia decrecente que esperan avance e se consolide nos vindeiros días.


 

Noticias web

27/10/2020