CRTVG

Buscar

Descenden os delitos relacionados co tráfico na provincia de Lugo

Publicado o 03/05/2019 15:49

Malia que só un dous por cento dos condenados por delitos de tráfico entran en prisión, entre o ano 2008 e o 2017 ditáronse máis de 64.500 sentenzas por delitos cometidos ao volante en Galicia.
Con todo, hai provincias como Lugo onde este tipo de infraccións están descendendo. Detrás do descenso neste tipo de delitos están, principlamente, dous factores: por un lado, un cambio de mentalidade nos condutores, que cada día están máis concienciados e fan unha condución máis responsable. E, por outro lado, o endurecemento das penas que houbo no 2007.

Por exemplo, na provincia de Lugo pasouse de 770 delitos contra a seguridade vial no 2011 a case a metade no 2017. Exceder a velocidade en máis de 60 km/hora, conducir cunha taxa de alcol superior aos 60 miligramos por litro de aire aspirado ou conducir poñendo en perigo a vida dos outros son algúns dos comportamentos que converten un condutor nun delincuente.

En Lugo a marca de delitos contra a inseguridade tena un home de 45 anos que ten o carné retirado ata o ano 2050, xa que o colleron cunducindo bébedo en multitude de ocasións.

 

Noticias web

03/05/2019