CRTVG

Buscar

Descenden os crimes machistas respecto ao mesmo período de hai un ano

Publicado o 26/03/2020 22:23

Soubemos da mingua de casos respecto ao mesmo período do ano pasado porque houbo a necesidade de desmentir informacións falsas que se detectaron na Rede.

Así e todo, di o comisario, "a policia non baixa a garda en ningún momento e menos nestes casos".

Nesa liña reza tamén a campaña que acaba de poñer en marcha o Ministerio de Igualdade. "Estamos contigo, a violencia de xénero parámola unidas", un lema e unha campaña dirixida ás mulleres en pleno estado de alarma. Ás mulleres que poden viviir situacións de violencia machista nos seus fogares e tamén á sociedade, que debe implicarse na súa protección. Para iso o Goberno encargarase de distribuír carteis en que aparecerán teléfonos imprescindibles (o 016, o 112 e os de atención psicolóxica ás vítimas) en comunidades de veciños, concellos, administracións, supermercados ou farmacias.

En definitiva, trátase de informar dos recursos activos que teñen as vítimas de violencia de xénero. A última era asasinada hai 6 días en Castellón en pleno confinamento, a primeira do estado de alarma, a décimo sétima no que levamos de ano.

Noticias web

26/03/2020