Baixan lixeiramente os casos activos, tras 11 días á alza
• A presión hospitalaria mantense, pero hai máis xente nas UCI
• Vigo está pendente do posible aumento das restricións
• O comité clínico analiza a situación en mercados, feiras e congresos

Unha lixeira baixada nos casos activos racha unha serie de once xornadas consecutivas de incrementos. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 2.763 persoas diagnosticadas de covid-19 en Galicia, 4 menos ca onte, tras 132 novos positivos, 105 confirmados por PCR.
ÚLTIMA HORA | Descenden lixeiramente os casos activos, tras once días á alza. Preme para máis información cos datos da túa área e do teu concello https://t.co/1itCpNXQbc pic.twitter.com/6MPvcgnYjl
— G24 (@G24Noticias) April 20, 2021
Por áreas sanitarias, a repartición de casos é a seguinte:
A Coruña: 689 (+12)
Vigo: 734 (+2)
Ourense: 235 (+9)
Santiago: 355 (-15)
Lugo: 203 (-2)
Pontevedra: 440 (-8)
Ferrol: 107 (-2)
Repunta nas UCI
No que respecta á situación hospitalaria, hai 198 persoas ingresadas, unha menos ca onte: 161 en planta (-5) e 37 nas UCI (+4). É a cifra de críticos máis elevada dende o 24 de marzo, hai case un mes.
Menos positivos
Tamén baixa o número de positivos detectados. Cae de xeito importante o número de probas PCR realizadas respecto a onte: 5.180, 3.061 menos. Delas, deron positivo 105, o que deixaría unha taxa de positividade do 2,03 %, un valor lixeiramente superior ao de onte (1,63 %).