CRTVG

Buscar

Descenden en Galicia os mortos en estradas mentres que aumentan en España

Publicado o 03/01/2018 21:32

Mil duascentas persoas morreron en 2017 nas estradas españolas, 39 máis ca o ano anterior. En Galicia, pola contra, houbo 29 falecidos menos.

O balance de sinistros mortais nas estradas galegas foi o mellor de España, que, no seu conxunto, rexistrou o peor dato desde 2013. Ademais, 2017 foi o segundo exercicio consecutivo con incremento de falecidos, despois de varios anos de descensos. A Direcciób Xeral de Tráfico argumenta que un dos motivos é que houbo 800.000 coches máis en circulación e 16 millóns máis de desprazamentos de longo percorrido. O número de feridos mortais en toda España baixou, en cambio, un 6%. 

Para reducir a sinistralidade, Tráfico anuncia a posta en marcha de novas medidas neste 2018 que acaba de comezar. Máis radares en vías convencionais, cambios no exame do carné de conducir e a retirada do permiso aos condutores reincidentes en alcol e drogas  son algunhas desas medidas. Ademais, Tráfico pretende publicar cada tres meses as cantidades recadadas por multas de velocidade.

O director xeral de Tráfico cre que o máis eficaz sería que todos cumprísemos as normas, algo que non fai o un por cento das persoas que van ao volante. Parece pouco pero son máis de 300.000 condutores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018