CRTVG

Buscar

Descenden as aves que migran a Galicia para pasar o inverno

Publicado o 19/01/2020 12:19

Sobre todo queren pasar o máis inadvertidos posible para as aves que van observar e censar. Non queren interferir nos seus hábitos cotiáns, polo que as observan dende un miradoiro que para este fin hai agochado na lagoa de Cospeito, unha das sesenta e unha áreas marcadas polos expertos como axeitadas para a observación.

Estes censos fanse dende hai décadas en Europa, e permiten coñecer os costumes e a evolución das especies

Ao quecemento global Óscar engádelle outros factores que van en detrimento das aves migrantes acuáticas nesta zona.

As aves queren amplitude, que a vexetación lles pemita ver e o salgueiral vailles comendo o espazo. Este é outros dos motivos polos que o censo recolle cada ano menor número de anátidas como o pato oreal, o pato cullerete, a cerceta común, o porrón moñudo ou o ánade silbón.
 

Noticias web

19/01/2020