CRTVG

Buscar

Descenden a presión asistencial (-31) e os casos activos (-253)

Publicado o 31/08/2021 10:26

• Diminúen os casos novos detectados por PCR (-49)

• A área sanitaria de Santiago é a única que suma novos casos activos

Descenden a presión asistencial (-31) e os casos activos (-253)

Segue a baixada de casos activos en Galicia. En concreto, hai 8.022 persoas con coronavirus, 253 menos ca no día anterior.

Con respecto ás PCR, estas tamén descenden con respecto á xornada de onte (-49). En total, detectáronse 260 probas positivas nas distintas áreas sanitarias.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 1.391 (-81)

A Coruña: 2.083 (-95)

Pontevedra: 557 (-32)

Santiago: 1.317 (+11)

Ourense: 672 (-15)

Lugo: 1.437 (-20)

Ferrol: 565 (-21)

A presión asistencial tamén experimenta unha caída importante (-31). Actualmente, hai 55 persoas hospitalizadas en coidados intensivos (+1) e 169 en planta (-32). Por outra banda, o Sergas notificou o falecemento de dúas persoas por mor da covid19, que elevou o número total de vítimas a 2.566 desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos