CRTVG

Buscar

Descenden un 19,4% as denuncias por violencia machista nos xulgados galegos

Publicado o 13/07/2020 19:17
Descenden un 19,4% as denuncias por violencia machista nos xulgados galegos

O número de denuncias por violencia machista nos xulgados galegos descendeu nun 19,4% no primeiro trimestre do ano. Os xulgados en Galicia recibiron 1.397 denuncias por violencia de xénero, fronte ás 1.736 do mesmo período do ano anterior. A baixada no número de denuncias e de vítimas reflicte a incidencia da crise sanitaria, aínda que a actividade nos xulgados de violencia sobre a muller foi declarada esencial.

Galicia sitúase como a segunda comunidade autónoma coa taxa de violencia de xénero máis baixa de España, con 9,8 persoas fronte ás 14,4 da media estatal.

Noticias web

13/07/2020