Cae o ritmo de vacinación e afasta o obxectivo do 70 % de inmunizados en agosto
Case 30 millóns de cidadáns en España teñen a vacina completa, algo máis do 63,2 % da poboación, tras unha xornada en que foron administradas 304.868 dose contra a covid, segundo datos do Ministerio de Sanidade deste martes.
O informe de vacinación indica que en total 34.867.478 persoas teñen inoculado polo menos un soro no que vai de campaña de loita contra a pandemia, cifra que representa a 73,5 % poboación española, dos cales 29.968.303 son cidadáns coa protección completa dos preparados contra o coronavirus.
No último día administráronse algo máis de 300.000 doses, das que 174.295 foron picadas destinadas a aumentar o cómputo de inmunizados. O ritmo de vacinación foi descendendo desde mediados de xullo e baixou nas últimas semanas debido ao período estival das vacacións, o que complicou o obxectivo de chegar nas próximas semanas ao 70 % da poboación total de España coa protección total que outorgan as vacinas.
Pablo Casado repróchalle a Pedro Sánchez non cumpir a súa promesa de ter vacinada o 70% da poboación esta semana.Nun chío en Twitter, o presidente do PP esíxelle a Sánchez que de a cara. Pídelle que compareza e informe os españois sobre a campaña de vacinación. O líder popular pregúntase onde está o xefe do executivo, e ínstao a explicar asuntos como a suba do prezo da luz, os incendios rexistrados en varias comunidades, e a situación en Afganistán.
#DóndeEstáSánchez
— Pablo Casado Blanco (@pablocasado_) August 18, 2021
Hoy incumple su promesa de vacunar al 70%. El precio de la luz está descontrolado, como varios incendios en plena sequía. Mientras sus ministros se pelean en inmigración, educación y fiscalidad, los líderes mundiales informan sobre Afganistán. Debe dar la cara.