CRTVG

Buscar

Baixa en España o número de falecidos e de novos positivos por segundo día consecutivo

Publicado o 04/04/2020 16:36

• Nunha xornada houbo 809 falecementos e uns 7.000 casos máis

O número de casos en Galicia ascende a 4.926 e 168 mortos

• Os técnicos din que semella que a curva se vai aplanando

O ministerio de Sanidade ofreceu os datos da xornada, que seguen mellorando por segundo día consecutivo. Os casos positivos por coronavirus son de 124.736 en toda España. De onte a hoxe houbo un incremento de 7.026 cunha redución de case catrocentos con respecto á xornada anterior. Tamén o dato de falecementos é menor. Morreron 809 persoas e por segundo día baixaron as cifras cunha diminución que estivo por riba do dez por cento. Tamén son positivos os datos de pacientes curados aínda que non alcanzan a cifra do venres. O total queda en 34.219 casos nos que a enfermidade xa se considera como superada. 

Por comunidades, a de Madrid segue a ser a máis castigada con 36.249 casos (sobe máis de 2.000) e con 4.723 falecementos. Cataluña ten 24.724 casos positivos pero o dato máis preocupante é o de pacientes que se atopan na UCI, pois é a cifra máis alta de España con 2.108 pacientes. As cifras tamén seguen a ser moi altas en Castela-A Mancha (9.324 casos e 989 falecidos) e Castela e León, con máis de 8.000 casos. 

Noticias web

04/04/2020